Agenda Cultural
Presentación de libro:
La Huella del Gato Praza Maior, 13, Ribadavia, Ourense, España"La Huella del Gato" local sito na Praza Maior de Ribadavia acollerá este sábado ás 17 horas a presentación do terceiro libro da colección do Apalpador, "O Apalpador e o arco da vella", ilustrado do autor Xoan González Otero. O acto contará coa actuación do contacontos, Anxo Moure.
XVI Certame de Rondallas e Corais «Santiago Apóstolo»
Liceo de Ourense Rúa Lamas Carvajal, 5, Ourense, Ourense, EspañaA Rondalla Alecrín organiza o vindeiro sábado 26 de novembro ás 7 da tarde no Liceo de Ourense o XVI Certame de Rondallas e Corais "Santiago Apóstolo". O acto está patrocinado pola Concellerái de cultura, a Deputación Provincial e FECOGA. A entrada é gratuíta ata encher o aforo.
Teatro: «O Rueiro das Liortas»
Casa da Cultura de Barbadás Rúa San Bernabé 37 , A Valenzá - Barbadás, Ourense, EspañaO vindeiro sábado, 26 de novembro, ás 19:00 h, a compañía Elefante Elegante presenta na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás, “O Rueiro das Liortas”, da compañía Elefante Elegante. Un espectáculo organizado pola Concellaría de Cultura de Barbadás e a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) dentro do programa Rede de Dinamización Lingüística (RDL). […]
Gala musical solidaria
Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, EspañaCoanhadeira, Emilio Rúa, Silvia Alonso, Asr Jazz Trio, Camachuelos y Spiders from Mars actuarán el próximo 26 de noviembre en el Auditorio de Ourense, en una Gala Musical a beneficio de los proyectos de infancia de Cruz Roja en Ourense. Por tercer año consecutivo, el músico y profesor Xabier Vaz invita a los ourensanos a disfrutar de […]
Teatro: «V.I.P.»
Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, EspañaCentro Dramático Nacional - Joglars presenta "V.I.P.". A vida é ondulante e a educación e a relación do mundo adulto cos nenos foi cambiando ao longo da historia. Na nosa moderna sociedade actual parécenos que o neno alcanzou o máximo privilexio facéndoo equiparable ao trato que recibe unha VeryImportantPerson (V.I.P). Paradoxalmente a actitude ben intencionada […]
Concerto da Orquestra de Cámara Janácek + Ivan Zenaty
Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, EspañaA Orquestra de Cámara Janácek foi fundada en 1964 por notables músicos da Orquestra Filarmónica Janacek Ostrava. Pouco despois, Zdenck Dejmek fíxose cargo da dirección artística e grazas á súa musicalidad impresionante, sentido do estilo e un traballo preciso sistemática trouxo a orquestra ata un nivel excelente e deulle un carácter distintivo interpretación. Á Orquestra […]
Teatro: «Moendo Muiñeiras»
Centro Cultural Avenida Rúa do Progreso, 90, A Rúa, Ourense, EspañaO Concello da Rúa, coa colaboración de AGADIC Rede Galega de Teatros e Auditorios, presenta o próximo domingo 27 de novembro "Moendo Muiñeiras", unha obra de Xabier Iglesias con dirección de Paloma Lugilde. "Moendo Muiñeiras" é un espectáculo que xira ao redor da muiñeira, no que se misturan a partes iguais teatro, baile e música. […]
Exposición: «As nenas e nenos soldados»
Casa do Concello de Verín Praza do Concello, Verín, Ourense, EspañaDar a coñecer a grave problemática da utilización de menores en conflitos armados é o obxectivo das charlas e a exposición que baixo o título ‘As nenas e nenos soldados’ desenvolve estes días o Concello de Verín como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na actualidade calcúlanse nuns 250.000 os cativos e cativas […]
Cata a Arte
Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense, EspañaO Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense, xunto co Consello Regulador da D.O. Ribeiro, organizan este xoves 1 de decembro a terceira edición de Cata a Arte coa cata de viños da bodega Nairoa e música a cargo de Blues do País. Será ás 20.00h. Establécese un aforo máximo de 100 persoas por […]
Charla: «Aspectos básicos do cancro»
Local Andén I av. Marín s/n, Ourense, Ourense, EspañaA psicooncóloga da AECC Ourense, Beatriz Rodríguez Salas, impartirá unha conferencia sobre "Aspectos básicos do cancro. Prevención, mitos e realidades", este xoves 1 de decembro ás 20 horas no local de Andén Primeiro.




