Teatro: «Arsénico por compaixón»

Casa da Cultura de Barbadás Rúa San Bernabé 37 , A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

"Arsénico por compaixón", de Joseph Kesselring en versión de Tito Asorey, é a última montaxe de Teatro Múxicas, que será estreada o día 29 de xuño ás 20:30 horas no Auditorio da Casa de Cultura do Concello de Barbadás. Sinopse Lucía, unha actriz galega, está a piques de casar co seu mozo Alberte. Cando vai […]

Exposición: Víctor Ulla

Sala A Fábrica Paseo da Alameda s/n, Allariz, Ourense, España

Exposición de Víctor Ulla na Sala A Fábrica de Allariz, do 1 ao 19 de xullo.  Poderá visitarse de martes a venres de 19 a 21 h e sábados e domingos tamén de 12 a 14 h. A mostra inaugúrase oficialmente este sábado 2 de xullo ás 19 h.

Exposición: Rodeira monocolor»

Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, España

O Ateneo presenta a exposición "Rodeira monocolor", de fotografías de J.L. Diz, que se poderá ver durante todo o mes de xullo. Rodeira en b/n, ou monocolor, é unha apreciación persoal deste fotografo que a retratou, xa que a praia de Rodeira, en Cangas do Morrazo, en realidade ten cor. As cores de identidade de […]

Presentación do libro: «Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal»

Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, España

O venres 1 de xullo ás 20:30 terá lugar na Fundación Vicente Risco de Allariz a presentación do libro de relatos galego-portugués "Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal". Neste primeiro volume dos relatos do Sacaúntos, Ramón Caride, Andrea Barreira Freije, Xosé Duncan, J.Madureira e Fernando Méndez achegan unha mirada plural ao perfil criminolóxico de Manuel […]

Espectáculo: «Vacacións no mar»

Praza da Mercé Praza da Mercé, Verín, Ourense, España

O sábado 2 de xullo, ás 20 horas, o grupo de títeres "Mircromina" actuará na Praza da Mercé de Verín coa súa comedia "Vacacións no mar", espectáculo familiar gratuíto de monicreques de luva de 45 minutos de duración. "Vacacións no Mar" é un espectáculo de monicreques de luva, no que se conxuga o tradicional estilo […]

Romaría Rebuldeira

Área recreativa A Pontenova Área recreativa A Pontenova, Ourense, España

O 3 de xullo na área recreativa A Pontenova de Ramirás, celébrase a Romaría Rebuldeira, coa que Rebulir pecha o curso. Desde o mediodía ata a noite, haberá xantar, xogos, actuacións da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir, contacontos a cargo de María da Pontragha, e concerto das pandereteiras Bouba.

Cine: «Edifício Master»

Museo Etnolóxico de Ribadavia rúa de Santiago, 10, Ribadavia, Ourense, España

No ciclo Marxes Fílmicas-Brasil, preséntase "Edifício master" do director Eduardo Coutinho, en versión orixinal subtitulada ao español. Sete días compartidos coa vida diaria das familias que habitan nun edificio, residencial en Copacabana na cidade do Rio de Janeiro, un macroedificio de 12 pisos, con 23 apartamentos por piso, en total 276 apartamentos nos que viven […]

Exposición: «Nada es lo que parece»

Policlínico Sáenz Díez c/Sáenz, Díez, 33, Ourense, Ourense, España

Hasta finales del mes de agosto , la Sala de Exposiciones del Policlínico Saénz Díez  acoge la exposición: "Nada es lo que parece". José Francisco López López nos ofrece bajo este concepto dos recursos fotográficos originales y distintos: uno totalmente manipulado para recrear un Ourense apocalíptico o histórico y otro universo sin  manipulación para disfrutar […]

Cine: «Terra estrangeira»

Museo Etnolóxico de Ribadavia rúa de Santiago, 10, Ribadavia, Ourense, España

No ciclo Marxes Fílmicas- Brasil, preséntase "Terra estrangeira", de Walter Salles e Daniela Thomas, en versión orixinal subtitulada ao Español. Brasil, marzo de 1990. O plan económico do goberno brasileiro de Collor empuxa ao país ao caos. A vida de Paco, un mozo estudante paulista, esborrállase coa morte da súa nai e acaba co seu […]

Exposición «Coeur d’armazigh»

Museo Municipal de Ourense Rúa Lepanto, nº 8, Ourense, Ourense, España

Unha viaxe desde os seus inicios como creadora até a actualidade . É o que nos propón a artista viguesa Nuria Guardiola con "Coeur d'armazigh", unha mostra retrospectiva que compila os primeiros cadros, cando se mesturan experiencias persoais con conflitos emocionais, con creacións a partir de elementos industriais extraídos das fábricas de salgado do Morrazo, […]