Ashley López in Arcano XIII

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

Ashley é artista e profesora internacional, aínda que reside en Portland, Oregon. Ten a licenciatura de música, con especialización en interpretación musical/ópera. É practicante certificada de 8 Elements, profesora rexistrada de ioga e instrutora certificada de Pilates, cycling e fitness. Traballou como bailarina Polinesia coas compañías SF Hula, e tamén colaborou con Mona Khan Bollywood […]

Infantil: «Rosa Caramelo e outras historias»

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

llada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras. Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a […]

3€

Exposición “Oráculo agoireiro”

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense, España

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolle unha nova exposición “Oráculo agoireiro”, que ofrece a pintura máis recente da artista turca Nesliham Özgenç. Özgenç ofrécenos un mundo imaxinario onde se reflicten os seus medos e inquedanzas, pero que tamén abre fiestras á esperanza dun destino que supere a convulsa actualidade. Trátase de […]

Cine: ««A Girl Walks Home Alone at Night»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Dirixida por Ana Lily Amirpour (2014). Na cidade iraniana de Bad City pode pasar calquera cousa. No medio dun abano de personaxes marxinais, un vampiro vaga en busca de sangue. Ao western vampírico súmaselle un romance tinguido de sangue. O filme combina xéneros e estilos: invoca o western, a fascinación propia de Lynch, o terror e […]

2€

Música: Cuarteto Carducci

Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, España

Con sede no Reino Unido, o Cuarteto Carducci está recoñecido hoxe en día como un dos cuartetos de corda de máis éxito, ofrecendo uns noventa concertos ao ano por todo o mundo. Ademais, organizan o seu propio festival anual en Highnam, Gloucester e teñen residencia na Universidade de Cardiff e a Dean Close School en […]

8€

Teatro: «Raclette»

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

A Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela, a medida que comían, queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que […]

Mago Teto: «Tolemaxias»

Casa da Cultura de Barbadás Rúa San Bernabé 37 , A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos seus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza..., o Mago Teto retorna á esencia do ilusionismo puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia (desde efectos de maxia de preto ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a […]

Cine con música: «Amencer»

Este venres 8, na Fundación Vicente Risco de Allariz, cine con música en directo a cargo de Caspervek Trio. Desta volta "Amencer" de Murnau. Reserva ao tua entrada en secrataria@fundacionvicenterisco.com. Aforo limitado, 50 prazas. Entradas soltas 12 euros ou 7 euros para os mecenas da Fundación Vicente Risco, Amigos Libraría Aira das Letras e socios […]

Mago Teto: «Tolemaxias»

Colexio Mª Inmaculada de Verín Avenida Portugal, 59, Verín, Ourense, España

Este sábado 9 de abril ás 19:00 horas, o Salón de Actos do Colexio Mª Inmaculada de Verín acolle o espectáculo “Tolemaxias” do Mago Teto. Devandita actuación, enfocada para toda a familia, é o segundo do tres espectáculos programados polo  Festival “Terra Máxica” para a vila de Verín. O Mago Teto, a pesar da súa […]

Música: Oviravai

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o primeiro concerto de presentación de "As andanzas de Paio", do grupo Oviravai, o sábado 9 de abril ás 18h. Un novo personaxe está a piques de chegar á gran familia de libro-discos Sonárbore, que ten por obxectivo achegar a música de calidade aos máis pequenos e pequenas da […]

3€