I Exhibición de Cans de traballo e obediencia

Hípica de Allariz Urbanización Estrada Celanova, Allariz, Ourense, España

O Concello de Allariz e a Asociación Espazo Canino, colectivo que traballa na socialización e adestramento canino en Allariz, organizan a “I Exhibición de Cans de Traballo e Obediencia” que terá lugar o vindeiro domingo, 10 de abril. A partir das 12:00h, o Cámping Hípica acollerá varias exhibicións caninas abertas a toda a poboación.  Espazo […]

Concerto: Banda Unión Musical de Allariz

Praza Maior de Allariz

A Banda Unión Musical de Allariz realizará este domingo 10 de abril un concerto temático no que se presentará o coro e partitura "Allariz". A cita é ás 12.30 h na praza Maior alaricana.

Maxia: Fran Rei

Fogar dos Maiores Campo da Barreira, 3 , Allariz, Ourense, España

Dentro do programa "Terra Máxica", o mago Fran Rei contará este xoves 14 de abril no Fogar dos Maiores,  de Allariz a historia de Brancaflor. A partir das 17:00h.

Maxia: Dani García

Casa da Cultura de Allariz Castelo s/n, Allariz, Ourense, España

O domingo 17 de abril, no ciclco "Terra Máxica", Dani García presenta o espectáculo "Volta á maxia" ás 18:00h na Casa da Cultura de Allariz.

Concerto da Escola da Banda Unión Musical de Allariz

Casa da Cultura de Allariz Castelo s/n, Allariz, Ourense, España

Este domingo 24 de abril haberá concerto da Escola da Banda Unión Musical de Allariz na Casa da Cultura alaricana,ás 12.30 horas.

Concerto: Banda Municipal de Allariz

Praza Maior de Allariz

O domingo 8 de maio haberá concerto da Banda Unión Musical de Allariz na praza Maior alaricana. Será ás  12:30 horas.

Desafío42 Ourense Termal

Maceda, Ourense, Allariz

Os días 14 e 15 de maio celébrase a terceira edición do Desafío42 Ourense Termal. Unha carrreira que se divide en tres etapas a disputar en dous días e completar un maratón. O “Desafío 42” comezará o sábado 14 de maio, ás 16.00 horas, coa disputa da primeira carreira, de seis quilómetros de percorrido, en […]

Cantacontos

Casa da Cultura de Allariz Castelo s/n, Allariz, Ourense, España

Susa Herrera e as Comadres presentan en Allariz "Cantacontos. Cantando historias de animais". Será o domingo 15 de maio ás 18 horas na Casa da Cultura, con entrada a 2 euros (con tarxeta cidadá) e 3 euros sen ela.

Contacontos

Museo Galego do Xoguete R/Portelo, 4, Allariz, Ourense, España

Contacontos a cargo de Trécola Teatro o martes 17 de maio ás 12:30 horas no Museo do Xoguete de Allariz.