Cine con música: «Amencer»

Este venres 8, na Fundación Vicente Risco de Allariz, cine con música en directo a cargo de Caspervek Trio. Desta volta "Amencer" de Murnau. Reserva ao tua entrada en secrataria@fundacionvicenterisco.com. Aforo limitado, 50 prazas. Entradas soltas 12 euros ou 7 euros para os mecenas da Fundación Vicente Risco, Amigos Libraría Aira das Letras e socios […]

Exposición: «Rostos do Douro»

Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, España

O venres 15 de abril ás 20:30 terá lugar na Fundación Vicente Risco de Allariz a inauguración da exposición ROSTOS DO DOURO de Gracinda Marques, organizada en colaboración co Museu do Douro de Peso da Régua.

Documental «Zeca Afonso»

Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, España

Este venres 22, na Fundación Vicente Risco de Allariz, proxección do documental "Zeca Afonso. Maior que o pensamento", con entrada libre até límite de aforo (50 prazas).

Exposición «Taller de Imaxinación»

Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, España

Venres 24 de xuño, ás 20:30 horas na Fundación Vicente Risco de Allariz, inauguración da exposición"Taller de Imaxinación". Poderá verse ata o 17 de xullo.

Presentación do libro: «Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal»

Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, España

O venres 1 de xullo ás 20:30 terá lugar na Fundación Vicente Risco de Allariz a presentación do libro de relatos galego-portugués "Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal". Neste primeiro volume dos relatos do Sacaúntos, Ramón Caride, Andrea Barreira Freije, Xosé Duncan, J.Madureira e Fernando Méndez achegan unha mirada plural ao perfil criminolóxico de Manuel […]

Concerto para nenos

Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, España

O xoves 7 de xullo ás 19:00 horas, concerto para nenos na Fundación Vicente Risco de Allariz dentro do curso de verán "Contos pintados con música". Entrada libre até cubrir aforo (35 prazas).