Exposición de Antonio Nogueiras

Museo da Limia Rúa Celanova, 63, Vilar de Santos, Ourense

O Museo Etnográfico da Limia acolle, ata o 31 de maio, a exposición do veciño Antonio Nogueiras, "Mostra de instrumentos musicais". A mostra é unha exposición de instrumentos musicais diversos, de corda, de aire, de percusión, etc, adquiridos polo mundo adiante, como consecuencia de viaxes do dono. Permítenos coñecer os medios usados en varios lugares […]

Conferencia de Comba Campoy

Museo da Limia Rúa Celanova, 63, Vilar de Santos, Ourense

O Museo Etnográfico da Limia acolle, o próximo sábado 23 de abril, ás 19:30 horas, a conferencia da investigadora, xornalista e actriz compostelá Comba Campoy, "Barriga Verde. Un heroe contra o poder". A comunicación de Campoy tratará de deixar luz sobre o teatro de monicreques de José Silvent Martínez  "Barriga Verde", como modo de expresión […]

Proxección do documental «Patrimonio Habitado»

Museo da Limia Rúa Celanova, 63, Vilar de Santos, Ourense

Este sábado 28 de maio, ás 19:30 h, no Museo da Limia de Vilar de Santos, proxección do documental "Patrimonio Habitado". O citado proxecto audiovisual mergúllase nun percorrido polo patrimonio inmaterial da Baixa Limia con especial atención aos elementos aínda vivos do patrimonio colectivo desa comarca ourensá. Nel participan veciños dos concellos de Entrimo, Lobios, […]

Documental: «Cesteando»

Museo da Limia Rúa Celanova, 63, Vilar de Santos, Ourense

O Museo da Limia acolle o 5 de agosto, no seu programa Noites no Museo, a proxección do documental "Cesteando" de Plácido Romero, ás 18:30 horas, na sala anexa ao liño, seguido do concerto de Mini e Mero, ás 21 horas, no patio do museo.

Exposición no Museo da Limia

Museo da Limia Rúa Celanova, 63, Vilar de Santos, Ourense

O Museo Etnográfico da Limia, situado en Vilar de Santos, seguindo co seu proxecto de participación e colaboración veciñal, vén de abrir ao público unha nova exposición, con aportacións de xente da Limia. Trátase dunha colección particular de monecas, cuxos titulares dos elementos expositivos son Sara Dacal e Pachi Fontarigo. Os interesados poderán ver a […]