Conferencia: “Ser muller en México”

Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, España

O vindeiro  mércores 24 de agosto, ás 20.15 horas, Lorena Mosqueda Juárez , psicóloga experta en xénero, imparte a conferencia “Ser muller en México” no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín. Mosqueda está unida a Galicia e quere amosar nesta visita a Verín a través dunha charla veraniega e refrescante a realidade […]

Cine: «Vida, máis ca vida!»

Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

No programa de verán de Barbadás, proxección da película "Vida, máis ca vida!" o venres 26 de agosto, ás 22 horas no parque da Solaina da Valenzá.

Concerto de violonchelo

Igrexa da Madalena Ribadavia, Ourense, España

Este mércores 31 de agosto, ás 20:30 horas, a igrexa da Madalena da Ribadavia acolle o concerto da violonchelista Ester Domingo Sancho. O programa inclúe pezas de Johann Sebastian Bach, Giuseppe Maria dall' Abaco, Domenico Gabrielli e Francesco Paolo Supriani. Nacida en Huesca no ano 1987,  Ester Domingo comeza os seus estudos musicais á idade […]

Maxia

Parque dos Patos Parque dos Patos, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

No programa de verán de Barbadás, actuación de maxia "Momentos de asombro" o xoves 1 de setembro ás 21 horas no parque dos Patos da Valenzá. "Momentos de Asombro" está cheo de intres fascinantes:  Como facer maxia nunha mudanza?,  a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción,  o poder máxico da pintura, ou como […]

Presentación do libro: «Tocábanos crecer»

Biblioteca Pública de Verín Av. de Portugal, 11, Verín, Ourense, España

O vindeiro venres 2 de setembro, ás 20:00 horas, a Biblioteca Municipal de Verín acolle a presentación da obra "Tocábanos crecer", a primeira obra escrita polo verinés Manuel López Cid. Esta obra atópase composta por numerosos relatos curtos que pretenden encadearse entre eles mediante o apego e o cume do sentimento amoroso en tódolos sentidos […]

Concerto da Coral de Ruada

Praza de San Martiño Praza de San Martiño, Ourense , Ourense, España

Este mércores 7 de setembro ás 20:30 horas na pPraza San Martiño, concerto da Coral de Ruada da man do programa Galicia Culturea que patrocina a Consellería de Cultura. De balde. A Coral de Ruada ofrecerá un concerto consistente nunha variada mostra de música popular e polifónica galegas -con acompañamento do seu grupo de música […]

Música: De Vacas

No programa de verán de Barbadás, actuación musical de De Vacas o xoves 8 de setembro ás 21 horas no parque da Solaina da Valenzá.

Concerto de boleros: «Alma, corazón e vida»

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

Alma, corazón e vida son tres ingredientes esenciais para cantar ao amor. Tres elementos que inspiran a Borja Quiza para crear esta selección de cancións de amor e desamor por todos coñecidas, pero versionándoas para adaptalas ao seu fantástico instrumento e á súa profunda interpretación musical.  Bésame mucho, Perfidia, Soñar contigo, Piensa en mi son […]

Concerto da Coral de Ruada

Praza Maior do Carballiño Praza Maior do Carballiño, O Carballiño, Ourense, España

A Coral de Ruada ofrecerá o mércores14 de setembro no Carballiño un concerto consistente nunha variada mostra de música popular e polifónica galegas -con acompañamento do seu grupo de música popular (zanfona, gaitas e percusión)- dirixido polo seu director Xoán Antón Vázquez Casas. Terá lugar na praza Maior do Carballiño a partir das 20,30 horas. […]

Exposición: «A musa da paz»

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

Exposición con motivo da semana internacional da paz. Formada por obras de 28 artistas, que inclúe pintura, fotografías, deseño e gravados. No vestíbulo superior do Auditorio.