Barrios 257

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Na portada, nesta ocasión falamos da eclipse que vivirá Galicia o 12 de agosto: información, recomendación e observación segura para ter unha experiencia única.
Tamén entrevistamos a Nixon, líder de Reservados Band, e facémonos eco da Feira do Viño de Monterrei e das Xornadas de Folclore.
Ademais, na capital xa se coñecen os candidatos para as municipais de 2027 de DO, PP, PSOE e BNG.

As bibliotecas ourensás organizan este verán contacontos; o barrio da Ponte métese de cheo nas súas festas; e o Concello organiza unha observación da eclipse no Botánico de Montealegre.

O Concello de Verín aprobou nos plenos celebrados durante o mes de xullo varias medidas económicas encamiñadas a reforzar a xestión municipal e garantir a prestación de servizos.
Os días 24 e 15 de xullo celébrase unha nova edición da Batucada.

Josu Santos gaña o Premio Nacional de Moda de Baño grazas á súa colección Rizoma. O Concello de Barbadás continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que busca fomentar a orrecta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio. A próxima entrega de composteiros terá lugar o luns 27 de xullo ás 12h no Centro Empresarial Transfronteirizo.

Reforzo para controlar a entrada de uva foránea; a Subdelegación do Goberno coordina o dispositivo de seguridade.
Licitación da Rolda Leste; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que as obras terán un periódo de 30 meses para a execución. A Festa do Pulpo traerá máis de 40 actividades durante tres semanas no Carballiño.

Provincia, ocio, opinión e moito máis no novo número de Barrios.

 

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha