O 8º Car Outlet Ourense de Expourense, para rexuvenecer o parque móbil de Ourense

Participan un total de 20 concesionarios que representan a 28 marcas.

Expourense acolle esta fin de semana, do 17 ao 19 de abril, a oitava edición do Car Outlet Ourense, unha cita na que está confirmada a participación de 20 concesionarios oficias da provincia de Ourense que representan a un total de 28 marcas, a práctica totalidade das que operan no mercado e que cobren desnde as marcas clásicas ata as novas opcións en behñiculo eléctrico. Esta cita, organizada entre Expourense e a Asociación de Concesionario de Automóbiles de Ourense – ACAUTO conta tamén coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e voltará ofrecer as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais.

O Car Outlet Ourense é unha cita vencellada a un dos sectores comerciais de maior peso na nosa contorna, o da automoción, no que se reunirá máis de 400 coches con ofertas moi especiais. Esta cita cobre todas as gamas e modelos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos clientes ao mellor prezo. O público poderá consultar nun mesmo espazo distintas opcións de coches de oportunidade no mercado ourensán, e comparar in situ antes de decidir a compra.

Por outro lado, este salón é unha boa ocasión para rexuvenecer o parque automobilístico ourensán (dos máis antigos de España) que, con 165.000 unidades matriculadas, ten agora unha idade media de 18,2 anos (a media galega é de 16,7). Esto melloraría ademais a seguridade viaria e a sustentabilidade da flota, xa que soamente o 0.67% dos coches da provincia son eléctricos.

A oferta presentada neste salón será ampla puidendo atoparse kilómetro cero, seminovos, de xerencia e segunda man. Na actualidade, no mercado de ocasión a franxa de idade máis demandada e vendida son os vehículos de entre 3 e 7 anos e serán estes os que máis fácil será atopar nesta edición. Os datos indican que na provincia de Ourense por cada coche novo véndense case cinco de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. Isto provoca que haxa cada vez maior demanda e menor oferta, polo que acudir a este salón convértese nunha boa oportunidade para os que anden a busca dun vehículo deste tipo.

O VIII Car Outlet de Ourense presenta a mellor oferta en Galicia en vehículos de ocasión, seminovos, xerencia e kilómetro cero que contan con inmellorables condicións, xa non só no prezo, senón tamén de financiamento, seguros ou outros servizos engadidos, e, por suposto, coa garantía e solvencia que ofrecen os concesionarios oficiais. Ademais, este tipo de vehículos véndense con entrega inmediata.

Polo que respecta á compra dun vehículo de segunda man, dende A.C.A.U.T.O. recomendan acudir sempre a profesionais porque estes ofrecen unhas garantías inexistentes nas transaccións entre particulares xa que, por lei, hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que extenden esta garantía ata dous anos ou máis, no caso dos seminovos (de 1 a 6 anos). As garantías ofrecidas aos coches mercados neste salón son moi semellantes ás dos coches novos xa que “as marcas están a traballar moito por profesionalizar o mercado de ocasión e xa case todas teñen a súa propia división de vehículos de ocasión”, explican. Outra vantaxe é a xestión da documentación do proceso de compra-venda, da que se encarga a empresa.

O horario de apertura do salón será venres 7 de abril de 11.00 a 20.30 h., sábado 18 de 10.00 a 20.30 h. e o domingo 19 de abril de 11.00 a 20.00 h. A entrada terá un custo de 3 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos. Haberá ademais Servizo de Ludoteca Gratuíto a partir do venres pola tarde.