“Quero Bande 2026”, a programación de verán do Concello

Un programa de verán con máis de vinte actividades culturais e deportivas.

A programación, que se desenvolverá durante xullo e agosto, inclúe recreación histórica en Aquis Querquennis, cine ao aire libre, mercado de produtos locais, música, gastronomía e as tradicionais Festas Patronais de San Roque.

O Concello de Bande presenta unha nova edición do programa “Quero Bande 2026”, unha ampla proposta de actividades culturais, deportivas e de lecer que se desenvolverá ao longo dos meses de
xullo e agosto, pensada para todos os públicos e idades. Unha programación variada para todas as idades A oferta deste verán inclúe:
• Torneos deportivos e campus de fútbol
• Recreación histórica en Aquis Querquennis
• Visitas teatralizadas
• Cine ao aire libre
• Andaina popular
• Mercado de produtos locais
• Música e gastronomía
• Espectáculos familiares e actividades infantís
• As tradicionais Festas Patronais de San Roque

Citas destacadas
Entre as propostas máis salientables da programación figuran:
• “Luces e Sons de Aquis”, unha experiencia que combina historia e observación astronómica
• A IV Festa Gastronómica “Xuntanzas de Verán”
• As Xornadas Internacionais de Folclore
• A Festa da Auga e da Espuma. Festa holi.
• Unha ampla oferta deportiva ao longo de todo o verán