Ourense

Compromiso «ensina músculo» en Barbadás

Compromiso por Galicia en Barbadás

Ramón Padrón Calviño encabeza unha «potente» candidatura de 30 persoas, 17 titulares e 13 suplentes que buscan entrar con forza no concello.

O PP de Allariz presenta unha candidatura «preparada para gobernar en favor da igualdade de oportunidades»

Lista do PP en Allariz

 A candidata popular, Luz Doporto Real, sinalou que a candidatura que a acompaña ten unha marcada vocación de goberno «a capacidade, o mérito e a igualdade serán o noso sinal de identidade, a nosa marca persoal para acabar cos contratos a dedo no Concello de Allariz. Queremos igualdade de oportunidades».

Bibiana Iglesias repite como candidata socialista en San Cibrao

Os militantes de San Cibrao das Viñas reelexiron en asemblea á concelleira Bibiana Iglesias como candidata á alcaldía nun Concello onde «gobernar os socialistas empeza a ser unha necesidade».

José Luis Rodríguez Dobaño, candidato do PSdeG en Muíños

O candidato, de 55 anos, é natural de Muiños. Mestre prexubilado, realizou a súa actividade profesional nesta localidade como director das oficinas de Caixa Galicia, Novagaliciabanco e Abanca ao longo de máis de 25 anos.