Periódicos

O último número de Barrios, xa na rúa

Barrios novembro 2015

O número de novembro recolle en portada as Feiras de Outono de Allariz e Verín, así como a entrevista co Espacio Matrioska, colectivo artístico radicado nos Blancos.

Barrios Deportivo 129

No número 129 do Barrios Deportivo se hai unha nova por enriba de todas, esta é a Carreira popular do San Martiño que se celebra o 15 de novembro.

Barrios Deportivo 128

A portada do número 128 do Barrios Deportiva destaca o partido do COB fronte o Breogán de Lugo; o bo inicio ligueiro do Ourense Envialia e a vitoria de Iria Fernández e Javier Paredes no circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense».

Xa na rúa Ourense por Barrios de outubro

Portada Ourense por Barrios outubro 2015

As obras do Plan de Investimentos, a nova Área de Rehabilitación Integral da cidade e a denuncia contra Baltar, imaxes de portada do número de outubro de Ourense por Barrios.

Barrios Deportivo 127

No número 127 Barrios Deportivo dúas son as noticias destacadas na portada: o Club Ourense Baloncesto e a carreira popular do San Martiño.

Xa dispoñible o número de outubro de Barrios

Portada Barrios outubro 2015

O futuro albergue de peregrinos de Xinzo de Limia e a reforma da Praza de Abastos de Celanova, na portada da publicación.

Barrios Deportivo 126

No número 126 do Barrios Deportivo a nosa portada ten como protagonistas ao Club Ourense Baloncesto, o Día da Bici e a segunda edición da Winnerman celebrada en Castrelo de Miño.

Publícase o Barrios do mes de setembro

Portada Barrios setembro

Os incendios que queimaron máis de 6.600 hectáreas na provincia este verán e os túneles do AVE, protagonistas por partida dobre, temas destacados en portada de Barrios setembro.

Barrios Deportivo 125

No número 125 de Barrios Deportivo sacamos en portada as tres novas máis salientables destas datas: O COB; o biker, Pablo Rodríguez e a carreira da Ponte do «Correndo por Ourense».