Periódicos

Barrios Deportivo 117

No número 117 do Barrios Deportivo sacamos en portada aos dous grandes animadores da tempada dos equipos ourensáns: O Club Ourense Baloncesto (LEB Ouro) e o Cidade As Burgas (1ª División).

Publicado o periódico Barrios de abril

Portada Barrios abril 2015

As obras de mellora da depuradora de Xinzo, unha entrevista ao voceiro popular de Calvos de Randín  son temas destacados na portada do número de Barrios de abril.

Barrios Deportivo 116

No número 116 do Barrios Deportivo facémonos eco da gran campaña que estan realizando o Club Ourense Baloncesto (na LEB Ouro) e do Cidade As Burgas (en Primeira División). Tamén sacamos en portada a Iria Fernández e Alejandro Fernández, campións galego de 10.000 metros en pista celebrado no Campus de Ourense.

Edítase o número de marzo de Ourense por Barrios

Portada Ourense por Barrios marzo 2015

As obras de ampliación do complexo hospitalario, tema de portada de Ourense por Barrios de marzo, xunto á entrevista ao presidente da A.VV. Santa Teresita, Senén Rodríguez.

Barrios Deportivo 115

No número 115 do Barrios Deportivo sacamos en portadas dúas novas relevantes. Por unha banda, a foto principal é a de xogadores e afeccionados da UD Ourense celebrando o ascenso de categoría no campo Outeiro Grande de Maside. A outra noticia destacada é que o COB está clasificados matemáticamente para disputar o play off de ascenso a ACB.

Publicado o Ourense por Barrios de febreiro

Portada Ourense por Barrios febreiro 2015

Destacamos en portada a inauguración do novo edificio xudicial e a entrevista que fixemos ao presidente da asociación veciñal Arranxar, Eladio Pérez.

Publicado o número 114 de Barrios Deportivo

Portada Barrios Deportivo 114

Nel levamos á portada a primeira edición da Miño Radikal e o Campionato galego de natación júnior e infantil celebrado en Ourense.

Barrios Deportivo 113

No número 113 do Barrios Deportivo sacamos en portada a un Club Ourense Baloncesto que recibe esta xornada ao Burgos no Pazo. Tamén falamos do Campionato Galego de Salvamento acuático que se disputou en Ourense con 200 participantes.

As imaxes do Entroido, na portada de Barrios de febreiro

Portada Barrios febreiro 2015

Ademais dun especial sobre as diferentes celebracións desta festa en Ourense, destacamos en portada a entrevista coa presidenta da Asociación Cultural Aires Nosos de Verín, María Rosa Borjas.