Ourense e Lugo entregan á Xunta os informes técnicos para a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial

O mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos) acolleu este sábado o acto de entrega dos informes técnicos por parte das deputacións de Ourense e Lugo á Consellería de Cultura en relación á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial.












