Emocionante o partido vivido nos Remedios entre o Ourense Envialia e a Universidad de Alicante; terceiro e segundo clasificado, respectivamente. O primeiro acto estivo marcado polo forte ritmo das xogadoras de ámbolos dous equipos, aínda que con dominio das ourensás. Froito dese dominio, Sara Moreno adiantaba ao Envialia. A UA pouco a pouco foi collendo […]
O Cidades As Burgas recibe ao Majadahonda na xornada número 5 da Primeira división de fútbol sala. O encontro disputarase na cancha central dos Remedios o domingo 9 de outubro a partir das 12 horas.
O encontro terá lugar na cancha central dos Remedios a partir das 18 horas no que será a xornada número 29 de liga. O Envialia xógase entrar na vindeira edición da Copa de España mentres que o Cidade o orgullo de lograla vitoria no derbi. As albinegras necesitan un punto, ou que non sume os […]
As ourensás perderon contra o seu máis directo rival, o Universidad de Alicante. O Cidade empatou a dous tantos ante o Gironella. Dous goles, un en cada parte, deron ao traste coa intención de sacar algo positivo neste duelo directo pola cuarta posición. E que o Envialia e cuarto con 54 puntos e agora a […]
Doce puntos son os que están en disputa para cada equipo de aquí a final de tempada para os equipos da Primeira División de fútbol sala. Ourense Envialia e Cidade As Burgas teñen nesta recta final obxectivos ben distintos. O Envialia está inmerso na loita por entrar na Copa de España que se disputará cando […]
A vitoria do Envialia e o empate do Universidad de Alicante fai que as pupilas de Chipi teñan máis preto a súa presenza na Copa. Con 12 puntos por disputar as ourensás avantaxan en 5 puntos ás alacantinas. Contra o Orvina apenas pasaron apuros e lograron unha cómoda vitoria por 6-3 con Paula Vázquez como […]
Emocionantes os partidos dos equipos ourensáns nesta xornada -a número 25- de Primeira División. O Ourense Envialia ten un complicado partido en terras lucenses. Visita ao Burela, segundo clasificado, coa intención de lograr algo positivo que o manteña con opción de achegarse ao terceiro posto. O Burela está inmerso na loita polo título de Liga. […]
A Copa Xunta de fútbol sala foi para o Ourense Envialia logo de vencer ao Cidade As Burgas por 3-2. Os dous equipos ourensáns disputaron unha final que encheu as bancadas dos Remedios. En canto ao partido, o típico dunha final: pouco xogo, moita emoción. O Envialia quería madurar o encontro, mentres que o Cidade […]
A final feminina da Copa Xunta de fútbol sala disputarana Ourense Envialia e Cidade As Burgas o sábado 26 de marzo ás 18 horas nos Remedios. Xa houbera outro antecedente de final ourensá entre os dous mesmo equipos. Fora na tempada 2012-13; nesa ocasión tivera lugar en Sarria; o vencedor, O Ponte Ourense (Ourense Envialia […]
O Ourense Envialia deu un pase adiante para lograr entrar en Copa. Contra Elche sumou tres puntos máis que o levan a afianzar a cuarta praza na Primeira División de fútbol sala. E iso que as pupilas de Chipi estiveron a piques de tropezar diante do último clasificado. As ourensáns puxéronse por diante con dos […]