Do 24 de xuño ao 2 de xullo Ourense enchérase de música coa celebración das súas festas patronais. Na praza Maior, xardín do Posío, praza do Ferro e do San Martiño estarán os escenarios, pero haberá outros lugares onde a música tamén se faga oir. O primeiro día de festas e, unha vez rematado o […]
Pero como non só de música viven as festas, as de Ourense ofrecen unha ampla programación máis aló dos altavoces, dos micros e dos instrumentos musicais. O mercado medieval, que tanto éxito ten desde que se instaurou nas Festas do Corpus. Novamente estará ubicado no casco histórico da cidade do 29 de xuño ata o […]
Aínda temos na memoria as festas do ano pasado e xa van comezar as deste 2017. Concertos, teatro, charangas, barracas, diversión e máis diversión. Iso son as festas de Ourense, uns días nos que os ourensáns disfrutaremos das rúas da nosa cidade porque en cada recuncho haberá un son máxico para cada persoa, da idade […]
As Festas de Ourense 2017 xa teñen cartel anunciador. Das cinco obras sometidas a votación popular, a gañadora resultou ser “Auga, Pedra, Fogos e Frores”, de Manuel Caride. Das 1.794 persoas que votaron polo cartel gañador, 618 elixiron esta obra. Segundo as bases do concurso, o gañador percibirá un premio de 1.000 euros e se […]
As Festas de Ourense comezan a coller forma e o cartel está practicamente perfilado. Á espera de pechalo definitivamente xa se coñecen todos os concertos que terán lugar en Ourense do 24 de xuño ao 2 de xullo. Durante os próximos días desde o Concello irán dando a coñecer todas as actividades que terán lugar […]
As Festas de Ourense 2017 amplían a súa programación musical cunha das bandas máis populares e lonxevas do panorama rock nacional: Burning, que actuará o día 28 de xuño na Praza Maior. A lexendaria banda de rock madrileña cumpridos xa os seus seus primeiros 40 anos de traxectoria chega a Ourense liderada por Johnny Burning […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Aberto o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de Ourense 2017, que se decidirá por votación popularcartel, concurso, Corpus 2017, festas de ourense
O Concello de Ourense convoca un concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de Ourense 2017. Desde esta semana e ata o día 20 de maio está aberto o prazo para presentar propostas ao certame, que está dotado cun premio por importe de 1.000 euros. Repetindo o modelo seguido no pasado ano 2016, o […]
As Festas de Ourense 2017 xa teñen a súa primeira confirmación. O trío «Sweet California» actuará no Xardín do Posío para achegar ao público ourensán o mellor do seu repertorio. Está formado por, ata agora, tres álbums que acumulan éxito tras éxito nas listas de vendas, discos de ouro e platino, con máis de 100.00 […]
Este domingo día 26, e dentro do Programa das Festas de Ourense, vaise celebrar o «I Torneo Festas de Ourense de Fútbol Gaélico», organizado por Auriense FG e AUCE, coa colaboración do servizo de deportes da Universidade e o Concello de Ourense. Os partidos serán: Feminino, 18 horas: Auriense FG – Herdeiras de Dhais (Lalín) […]