O inicio das obras de mellora das vías interiores do Hospital Universitario de Ourense, por parte da Xunta, farán que desde as 22 horas do xoves 29, se corte o acceso rodado e peonil á entrada principal do Edificio Cristal, desde a rúa Ramón Puga ata Cruceiro Quebrado. Esta actuación, cun investimento de 47.000 euros, […]
O Concello de Ourense e a xerencia do Complexo Hospitalario Ourensán (CHUOU) asinaron un convenio de colaboración en materia de Voluntariado, o programa Achégate, para darlle cobertura asistencial ás persoas que o precisen dentro do hospital. Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, aseguraba que “a propia configuración e organización deste centro, con moitas consultas e plantas, […]
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ven de iniciar as obras de urbanización dos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, unhas obras que se enmarcan no convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Deputación e o Concello de Ourense, e que foron adxudicadas á empresa Construcciones […]
Responsables do Hospital Universitari Vall d´Hebron visitaron o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, para coñecer o funcionamento do novo sistema de recollida en baleiro das mostras de tecidos para análise, que limita o emprego de formol, reducindo así os riscos de exposición a esta substancia, e que foi implantado, por vez primeira nun hospital galego, […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en A Xunta destinará millón e medio de euros para equipamentos da ampliación do hospitalchuo, equipamento, hospital
O Diario Oficial da Unión Europea vén de publicar o anuncio, da Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, para a adquisición, pola vía de procedemento aberto multicriterio, de mobiliario para o novo Edificio de Hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, por un orzamento de 1.498.802 euros. O equipamento de hospitalización, camas […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Noa Presas acusa a Eloína Núñez do deterioro da sanidade ourensáBNG, debate, hospital, noa
Noa Presas, número un da candidatura ao Congreso do BNG por Ourense, avanzou no Barco de Valdeorras que “o BNG apoiará en Madrid a un goberno que reverta os recortes do PP no ámbito sanitario” e que se comprometa a “mellorar o servizo” a través da contratación de “máis médicos, máis enfermeiros, máis persoal e […]
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, visitaron a zona no que se realizarán as obras de urbanización dos novos accesos polo lateral leste do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. O […]