A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Ourense colaborarán para elaborar un recurso de casación a presentar ante o Tribunal Supremo tras a anulación do decreto 187/2011 no concernente á ordenación urbanística provisional desta cidade. A titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde, Jesús Vázquez, presidiron unha […]
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o novo concelleiro de Participación Cidadá, Carlos Campos e o concelleiro de Infraestruturas e Medio Ambiente, Pepe Araujo responderon á visita solicitada pola Asociación Veciñal As Termas, situada nas vivendas sociais ao carón da estación de autobuses para que coñecerán insitu as necesidades do barrio. Necesidades que nas próximas […]
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, analizou esta mañá na rolda de prensa trala Xunta de Goberno local, as sentenzas que anulan a normativa urbanística provisional da cidade. Aínda que non quixo entrar en detalle nunha valoración das nove sentenzas, pois de momento “está a asesoría xurídica traballando para informalas e ver que alternativas temos” […]
Por Paula Lodeiro el Comentarios desactivados en O alcalde cifra en 33 millóns de euros a captación de investimentos para Ourense nos últimos doce mesesalcalde, Jesús Vázquez, mandato, ourense
O alcalde de Ourense, o popular Jesús Vázquez, compareceu este luns ante os medios de comunicación, acompañado da práctica totalidade dos concelleiros do grupo de goberno (só faltaba, por viaxe en Madrid, Jesús Cudeiro) para facer balance do primeiro ano á fronte do consistorio ourensán. Un balance no que resaltaba, no apartado positivo, a “volta […]
O líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, compareceu ante os medios este martes, acompañado dos edís Armando Ojea e Domingo Castro, e do candidato á Xunta Miguel Caride, ao cumprirse un ano desde as eleccións municipais. Dunha banda, Jácome considera un “hito” para a historia de Ourense a representación acadada por Democracia Ourensana, oito […]
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, visitaron a zona no que se realizarán as obras de urbanización dos novos accesos polo lateral leste do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. O […]
O grupo municipal Ourense en Común absterase no pleno extraordinario do 19 de abril, solicitado por Democracia Ourensana para pedir a dimisión do alcalde se non consigue unha serie de compromisos na integración da alta velocidade en Ourense. “Dende Ourense en Común compartimos a indignación de Gonzalo Pérez Jácome pola mala xestión que o Partido […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en O congreso local do PP reúne 300 compromisarios para elixir ao seu novo presidentecongreso, Jesús Vázquez, local, PP
O auditorio do Conservatorio de Música de Ourense acollerá este sábado, día 16, o congreso local do Partido Popular de Ourense, no que participarán 300 compromisarios para elixir o novo presidente do comité executivo local, cargo ao que concorre unha única candidatura liderada por Jesús Vázquez Abad. Os compromisarios, con maioría de representación do distrito […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Jesús Vázquez, proclamado candidato á presidencia do comité executivo local do PP de Ourensecandidato, congreso, Jesús Vázquez, PP
Jesús Vázquez Abad vén de ser proclamado candidato oficial á presidencia do comité executivo do Partido Popular de Ourense, logo da reunión mantida pola comisión organizadora do congreso, que validou un total de 168 avais á candidatura de Vázquez Abad. A comisión, seguindo o regulamento do congreso, analizou tamén os espazos existentes na cidade e […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Jesús Vázquez e Miguel Abad concorrerán na mesma candidatura para dirixir o PP da cidadecongreso, Jesús Vázquez, Miguel Abad, PP
Os candidatos á presidencia do Partido Popular en Ourense cidade, Jesús Vázquez e Miguel Abad, acordaron concorrer ao congreso local previsto para o próximo 16 de abril nunha única candidatura. Así o decidiron nunha reunión celebrada na sede popular e que foi promovida polo presidente provincial, Manuel Baltar, quen transmitiu a ambos os candidatos a […]