A Xunta de Galicia ten aberta a convocatoria para unha nova edición do programa ‘Benestar en Balnearios’ que impulsa a Consellería de Política Social e co que pretende contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, convivencia e tratamento termal; e así ocupar o seu tempo […]
A Xunta de Galicia apoia con 405.000 euros as obras de ampliación da residencia de maiores «Virxe da clamadoira», de Muíños. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou a localidade para comprobar as obras de ampliación. Na visita Díaz Mouteira acompañada do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez Dobaño, supervisou os traballos […]
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, acompañado pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, María Sol Díaz Mouteira, visitou con alcaldes -entre eles, o de Vilardevós, Manuel Cardoso Pérez-, concelleiros de Benestar e traballadores dos Servizos Sociais dos concellos de Verín, Monterrei, Oímbra, Cualedro, Laza, […]
O Centro de Maiores Afundación Ourense acollerá este mércores 19 de outubro e o día 2 de novembro, en ambas datas ás 11.00 h, os obradoiros sobre formación e prevención «Os maiores activos e seguros», impartidos pola Dirección Xeral de Tráfico a cargo da traballadora do Departamento de Educación Vial da DXT en Ourense Dosinda […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Os usuarios de Afundación reivindicarán o «Orgullo de ser maior»afundación, maiores
Afundación celebra este venres o Día Internacional das Persoas Maiores, instituído pola ONU en 1990. En 2016 o lema escollido para esta conmemoración é «Tomar partido en contra da discriminación por idade», desafiando os estereotipos negativos e conceptos erróneos verbo das persoas maiores e o envellecemento. Afundación Ourense súmase a esta celebración, dentro do seu […]
O Fogar dos Maiores de Allariz acollerá, do 3 ao 7 de outubro, as X Xornadas das Persoas Maiores, baixo os lemas «Experiencias para todas e para todos» e «A idade non inflúe nos momentos que nos unen». A primeira das actividades destas xornadas será unha andaina, que terá lugar o luns 3 ás 11 […]
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou un convenio de colaboración co Concello de Muíños, representado polo seu alcalde, Plácido Álvarez Dobaño, para o financiamento das obras de reforma e ampliación da residencia de maiores, situada no lugar de Mugueimes, onde se presten servizos das carteiras de promoción da autonomía e de […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en O Concello reforza a programación de actividades para as persoas maioresactividades, Concello, maiores
As persoas maiores da cidade poderán participar este ano en 27 actividades formativas e de lecer diferentes, que organiza a Concellería de Asuntos Sociais a través do programa de envellecemento activo. O Concello reforza este ano o programa, que pasa de 18 actividades a 27, que darán lugar á formación de 44 grupos (6 máis […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Rey Varela avanza o apoio da Xunta na construción dunha residencia de maiores en LobiosLobios, maiores, residencia
A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos. O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e […]
A promoción da vellez como unha etapa da vida positiva e do envellecemento activo e saudable como fórmula para vivir máis e mellor. Isto foi o que demostraron ao redor de 5.000 visitas procedentes das catro provincias galegas que se achegaron estes dous días ata Galisenior e que participaron nas máis de 50 actividades organizadas. […]