A Consellería do Medio Rural planificou para este ano a realización de 324 charlas e actividades divulgativas a prol do monte galego nas que están a participar uns 17.000 alumnos de centros escolares de toda a comunidade. Nesta ocasión tocoulle o turno aos alumnos de educación infantil e primaria do CEIP Curros Enriquez, en Celanova, […]
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu en San Caetano ao alcalde de Beariz, Manuel Prado, para atender as demandas relacionadas co seu departamento. En concreto, avanzaron na posibilidade de colaborar na adquisición dun tractor con desbrozadora para a limpeza das faixas de xestión de biomasa e previr incendios forestais neste municipio ourensán. Neste […]
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu á alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, á concelleira Mª Carmen Prieto e a varios veciños do municipio para tratar o avance das reestruturacións parcelarias no concello. Neste sentido xa comezaron as obras de execución dos camiños principais da zona de Guillamil-Sabariz, traballos que se desenvolverán […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en O persoal fixo discontinuo de tres meses do SPDCIF denuncia a súa precaria situación laboralbrigadistas, incendios, medio rural
A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (ATRIFOGA), de recente constitución, vén de chamar a atención sobre as condicións laborais do persoal fixo discontinuo de tres meses do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galicia. Das 2.431 persoas que conforman os medios propios da Xunta para […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Medio Rural colaborará coa posta en marcha dunha planta de envasado de mel na VeigaA Veiga, apicultura, medio rural, mel
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde da Veiga, Juan Anta, asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha dunha industria de extracción e envasado de mel e derivados no lugar de Prada. A través deste acordo, a Consellería achegará 60.000 euros para acondicionar a planta baixa da residencia do […]
O alcalde do Irixo, Manuel Penedo, trasladou á conselleira do Medio Rural en funcións, Ángeles Vázquez, a solicitude formal para iniciar o procedemento de reestruturación parcelaria da parroquia de San Cosme de Cusanca. Esta petición acompañouna o rexedor municipal coas sinaturas de preto de 200 veciños interesados, así como co acordo adoptado neste mesmo sentido […]
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse cos alcaldes de Avión e a Pobra de Trives, Antonio Montero e Francisco José Fernández, para analizar as consecuencias dos lumes que afectaron aos seus municipios no mes de agosto e onde foi preciso decretar como medida preventiva a situación 2. No encontro tamén estivo presente o […]
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director general de Política de Defensa do Ministerio de Defensa, Almirante Juan Francisco Martínez Núñez, asinaron en Santiago o convenio de colaboración para reforzar a vixilancia nos montes galegos durante a tempada de alto riso de incendios forestais. O obxectivo deste acordo é disuadir e reducir […]
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, supervisou os traballos de loita biolóxica contra o chancro do castiñeiro no concello de Riós. Neste acto, no que estivo acompañada polo alcalde do municipio, Francisco Veiga, a titular de Medio Rural destacou que o seu departamento realizará nos vindeiros meses unhas 34.000 inoculacións de cepas hipovirulentas do […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Unha solta experimental de parasitos loitará contra a avespiña do castiñeiroavespiña, castiñeiro, medio rural
A Consellería do Medio Rural está a intensificar a loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro a través da solta experimental de parasitos deste insecto, que afecta os cultivos e provoca perdas na produción de castañas. A titular deste departamento, Ángeles Vázquez, supervisou en Toén estes traballos de control, que están considerados como a única […]