Máis de 150 investigadores noveis participan na Feira Galiciencia que se desenvolve ata este mesmo venres (10 de maio) na Tecnópole, San Cibrao das Viñas. Expóñense un total de 79 proxectos científicos e de innovación. A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, subliñou , na súa visita, a importante contribución deste evento para […]
En 26 anos a Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) converteuse nun referente para empresas e un lugar onde os máis novos mostran os seus coñecementos na Galiciencia. Ricardo Capilla falános dela e adéntranos na Tecnópole para mostrarnos todo o que ofrece. A Tecnópole foi creada para ser un lugar de referencia en Galicia da tecnoloxía […]
O dispositivo de control de abuso de auga no fogar desenvolvido por un estudante compostelán é o gañador absoluto da Galiciencia 2016. O proxecto de Manuel Porto, do colexio Compañía de María de Santiago, foi o mellor valorado polo xurado –formado por medio cento de persoas– entre os 50 proxectos que competían polo premio final, […]
Un pastilleiro intelixente para pacientes crónicos, unha aplicación móbil de alerta de avespa asiática, un espantallo 2.0 ou a reutilización de toalliñas húmidas como material de recheo en edredóns e chaquetas son só algúns dos sorprendentes proxectos, moi centrados en resolver problemas reais, cos que a Galiciencia celebra este ano a súa undécima edición. Logo […]
Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole vén de poñer a disposición do tecido empresarial galego un búnker de alta seguridade preparado para a custodia de todo tipo de documentos sensibles en calquera soporte, xa sexa en papel ou electrónico. Esta instalación, situada no edificio intelixente Tecnópole I, conta con 67 metros cadrados de superficie e tres metros […]
O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2016 ata o próximo 23 de outubro. A maior feira científica de Galicia inicia así o proceso de selección dos 80 proxectos cos que celebrará a súa undécima edición. Aos 50 traballos presentados por equipos de estudantes de Secundaria, Bacharelato […]
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou no ciclo de almorzos tecnolóxicos organizado por Tecnópole. No marco deste encontro informal con empresarios, Conde asegurou que “Tecnópole é neste momento o corazón industrial e tecnolóxico de Galicia, coas súas 91 empresas desenvolvendo un ecosistema de innovación moi importante en diferentes sectores, como o […]
O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole ofertará todas as parcelas resultantes da súa ampliación de superficie a un prezo de 35 euros o metro cadrado, o que supón unha rebaixa do 50% sobre o custo vixente ata agora. O Consello de Administración da entidade, reunido este xoves en San Cibrao das Viñas, aprobou esta medida co […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Xinecólogos de toda Galicia fórmanse en cirurxía laparoscópica na Tecnópolecirurxía, tecnópole, xinecólogos
Especialistas en xinecoloxía e obstetricia de hospitais públicos das catro provincias están a formarse en Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole ao longo deste ano en técnicas de cirurxía laparoscópica. O obxectivo deste adestramento práctico é que nun prazo de tempo o máis breve posible o 100% das intervencións xinecolóxicas de calquera tipo que se realicen na […]
O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole aumenta ata 89 a súa nómina de empresas coa incorporación de catro novas iniciativas de negocio especializadas na prestación de servizos TIC avanzados, comercio electrónico de produtos gourmet e formación. A consultora Legal Forma instálase no edificio Tecnópole I para prestar servizos de seguridade informática e desenvolvemento de actividades formativas […]