Un verán repleto de cultura, lecer e deporte

Allariz presenta máis de 30 de propostas.

O 16º Festival Internacional de Xardíns, baixo a temática «Xardíns da Liberdade», que arrancou xa en maio, manténse aberto na rúa Portovello ata o vindeiro mes de outubro.
O mes de xullo concentrarase nos coas Máis aló das celebracións de San Bieito (días 10, 11 e 12), o venres 24 conmemorase a Festa da Patria nos Xardíns do Museo do Coiro coas actuacións do Cuarteto Par de Par e o grupo Skadelos.
Xa en agosto, os días 22 e 23, terá lugar a tradicional Festa da Empanada. A fin de semana completase cunha intensa axenda deportiva e musical que inclúe o 34ª Triatlon Vila de Allariz, a 35ª Regata de Piragüismo, as actuacións de Soul&Roll + Los Camachuelos e a sesión de DJ Varo Alonso. O teatro de rúa tamén terá un o seu espazo con propostas como a de Paula Quintas – Cía (7 de agosto) ou os Ghazafelhos (21 de agosto).
As Xornadas de Folclore chegan a Allariz o xoves, 13 de agosto, ás 22.30 horas.

Arqueoloxía, cinema e feiras sectoriais
A programación estival reforza o seu carácter cultural coa posta en valor do patrimonio arqueolóxico a través de dúas quendas de traballo na Cibdá de Armea (en xullo e agosto). Ademais, organizaranse tres roteiros temáticos guiados vinculados aos muíños e curtidorías, á corte románica e á figura do fotógrafo José Suárez.
No eido audiovisual, o humor centrará a atención co RIR – Festival Internacional de Curtas de Comedia (do 30 de agosto ao 5 de setembro), seguido a finais de mes polo Ciclo Mestre Mateo de cinema galego. O comercio e os produtos locais tamén terán o seu espazo en setembro co mercado de artesanía «Arte de Man» na zona de Santo Estevo o 6 de setembro e a Feira dos Produtos Apícolas o sábado, 13 de setembro.

Como peche do calendario, chegarán as Xornadas da Carne de Boi (do 25 de setembro ao 11 de outubro) e o roteiro teatralizado «Camiños de Pedra» a cargo de Platea Lúa (2 de outubro) porán o punto final a programación de verán deste 2026 en Allariz.
O programa completo poderá consultarse na web oficial: www.allariz.gal.