Como a comercialización do primeiro produto turístico transfronteirizo da Unión Europea.

A Eurociudad Chaves-Verín, presente en Fitur

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurociudad Chaves-Verín, presentou na Feira Internacional de Turismo Fitur 2017 a comercialización do primeiro produto turístico transfronteirizo da Unión Europea.

A Presidenta do Congreso, Ana Pastor, clausurou xunto con Nava Castro a presentación do destino transfronteirizo Chaves-Verín encomiando o proxecto de Cooperación e os logros conseguidos nos últimos anos como ?un referente, sen dúbida, na peninsula ibérica?. Ao finalizar a presentación, o secretário técnico da AECT, Pablo Rivera, entregou o pasaporte de embaixadora da ruta termal e da auga á presidenta do congreso dos deputados convidándoa a completar a ruta, percorrendo os mananciais dos dous lados da “raia”.  Pola súa banda Pastor tamén lle comunicou a Pablo Rivera, secretario técnico do ente transfronteirizo, a invitación para presentar o proxecto no congreso dos deputados.

O produto vira ao redor da ruta termal e da auga Verín-Chaves-Vidago dando a posibilidade de adquirir un paquete de 4 días (3 noites) na eurociudad da auga para coñecer o tres vilas termais desde 195 euros por persoa/día.

Este paquete turístico será comercializado pola axencia Cn travel en España e Portugal e a súa oferta estará dispoñible online e en axencias de viaxe durante todo o ano 2017. Deste xeito, a Eurociudad Chaves-Verín, logra o obxectivo de comercializar o seu principal referente promocional do destino transfronteirizo.

Ademais, a Eurociudad presentará a oferta do destino Chaves-Verín que vira en torno ao agüismo e termalismo, a enogastronomia, as rutas transfronteirizas e, como novidade, este ano destaca  un destino de “película” en relación á coprodución luso galaica “Vidago Palace” que se presentará este ano en primicia na eurociudad.

A serie narra unha historia de amor no mítico Vidago Palace hotel, ambientada no ano 1936. Unha coprodución que promete será un éxito de audiencia, que xa foi vendida á televisión italiana e polaca, e que sen dúbidas será a mellor promoción do destino Chaves-Verín xamais realizada até o momento.