Democracia Ourensana vén de presentar tres mocións para o pleno do mes de febreiro.

Patrimonio arbóreo, un aparcadoiro en Ponte Canedo e piscinas portátiles serán as mocións de DO.

Patrimonio arbóreo
A primeira delas é a posta en marcha dun plan para o revisión, mantemento e conservación do patrimonio arbóreo, así como a implantación dun protocolo para control de pragas, saneamento de árbores enfermos e reposición dos mesmos: renovación con ratio dobre encamiñada á creación de novos espazos verdes ata acadar as directrices recomendadas pola OMS, e analizar a viabilidade de espazos dispoñibles para xardíns verticais na nosa cidade.

Aparcadoiro
Outra das mocións que levará a pleno o partido dirixido por Gonzalo Jácome é a creación dun aparcadoiro na zona de Ponte Canedo, moi necesario no barrio.

Piscinas
A outra moción será a de instalar para o próximo verán piscinas portátiles nos barrios da cidade. DO o argumenta indicando que Ourense é unha das cidades, máis calurosas en verán, de España e para que moitos rapaces teñan preto unha piscina na época estival.