O Envilia logra a vitoria na cancha do Rioja.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cidade - Burela. /RAMSÉS.

Cara e cruz para os dous representantes ourensáns na Primeira división do fútbol sala na xornada desta fin de semana.

No primeiro partido da segunda volta o Cidade das Burgas tiña un difícil compromiso ante o Burela. As de Codeso estiveron ben durante o encontro, pero a maior pegada das lucenses fixo que os tres puntos voaran ata a Mariña.

As ourensás foron as que máis propuxeron durante os primeiros minutos pero sen ocasións claras. Dous centros ao segundo pao non encontraron rematadora, e un par de intervencións de Jozi, o máis destacado.

O Burela, pouco a pouco ía collendo presenza no rectangular dos Remedios, ata que Shiori culminou unha triangulación. Un a cero e descanso.

Na segunda os goles sucedéronse e un total de sete puideron ver os que se cogregaron nas bancadas.

En catro minutos tolos viuse o segundo das visitantes (Danny); a Iria recurtando diferenzas (1-2); a Cilene ampliando a renda (1-3) e a Candela facendo o segundo das locais (2-3).

Cando máis estaban empuxando as franxiverdes, Cilene lograba o 2-4 e un minuto despois Danny o 2 a 5. Antes do final, Iria poñía o definitivo 3-5.

Con esta derrota o Cidade se mantén na sétima posición con 24 puntos, dous máis que o noveno (equipo que non xogaría a Copa de España).

Envialia
O Ourense Envialia sumou unha importante vitoria ante o Rioja (por 0 a 3) o que lle permite ocupar a cuarta posición con 31 puntos.

Sara Moreno adiantaba ás ourensás cando apenas se levaban disputados dous minutos. Marta lograba o segundo na medianía do primeiro acto e Chiqui sentanzaba a contenda nos primeiros minutos do segundo tempo.

As ourensás teñen moi de cara a súa presenza na Copa. Con 31 puntos están cun colchón de nove puntos para disputar a cita copeira. As de Chipi non teñen opcións de loitar co Futsi polo título; eso si, nin as de Chipi nin ningún outro. O único equipo que tenta seguir o ritmo do líder é o Universidad de Alicante, pero xa está a oito puntos.