Disputarase este sábado 18 na piscina Rosario Dueñas.

O Sincro Ourense organiza o galego de sincronizada

A tarde deste próximo sábado -de 16:45 a 20 horas aproximadamente- a piscina Rosario Dueñas acolla o Campionato de Galicia de natación sincronizada.

Un total de 150 nadadoras dos sete clubs de Galicia (o Portamiñá de Lugo, o Rías Baixas de Vigo, Sincro Pontevedra, Sincro Ferrol, Galaico Sincro de Pontevedra, Real Club Náutico de Vigo e o Sincro Ourense, organizador da cita xunto coa Federación Galega de Natación) competirán na modalidade de rutinas de nivel.

Por parte do Sincro Ourense participarán 30 deportistas locais. Este torneo sirve de preparatorio para o nacional xa que participarán co mesmo exercicio todos os equipos. Ao ser un exercicio combo, durante as coreografías deberá haber solos, dúos, tríos, etc.