A celebración, organizada pola Asociación de Veciños A Chavasqueira, celebrarase o día 27 de maio.

Deporte, música e gastronomía, actividades do XI Día Termal da Chavasqueira 2017

A Asociación de Veciños A Chavasqueira volve, un ano máis, celebrar o Día Termal da Chavasqueira 2017, que nesta undécima edición, organiza diversas actividades deportivas e musicais.

O programa de actividades comezará ás 10.30 horas coa XI andaina Termal que sairá das termas da Chavasqueira. Os interesados en participar poderán anotarse ata o día 26 de maio no local social do Campo da Feira da Asociación ou a través das súas redes sociais.

As actividades continuarán ás 13.00 horas, cunha conferencia sobre termalismo e, ás 14.30 horas, será a comida popular na que se poden inscribir ata o 24 de maio. Despois do xantar comezarán as actuacións musicais a cargo das Cantareiras da Chavasqueira e dun grupo musical para rematar a xornada cun sorteo termal.