No número 162 do Barrios Deportivo en portada sacamos o tai chi na rúa, a "Pulpo Extreme" e unha entrevista.

Barrios Deportivo 162

O «tai chi na rúa» estará presente no Posío e nos Remedios durante este mes e pode participar quen queira. Presentouse a segunda edición da «Pulpo Extreme» que chegará a Ourense en setembro. E entrevistamos a Iria Saeta, ex xogadora do Cidade das Burgas que a vindeira tempada vestirá a camiseta do Poio.

As infantís do Club Ximnasia Pavillón remataron terceiras na Copa de España de conxuntos. Os alevíns do Club Natación Pabellón lograron seis medallas no Galego de natación. En máster, novas medallas do CNPO no Campionato de España da man dos irmáns Colomo.

En atletismo, Aithadi venceu a Rubén Diz na popular de Leiro, mentres que Iria Fernández non tivo rival para firmar unha nova vitoria. A carreira popular “Vía Nova” de Bande chega á súa cuarta edición o sábado, 15 de xullo.

O COB sigue con pé firme de cara a ser novamente equipo de LEB Ouro. Este ano o aval reducirase un 17% aínda que continúan as incógnitas para saber si algún equipo subirá a ACB. En fútbol sala, o Ourense Envialia foi recibido polo presidente da Xunta de Galicia despois de lograr a Copa de España. O Sala Ourense refórzase de cara a unha tempada moi ambiciosa na que tentará loitar polo título de liga.

A Unión Deportiva Ourense da por pechada a plantilla nunha tempada que recalará na Rexional Preferente con toda a ambición posible. O equipo xogará 10 partidos durante a pretempada para chegar a tope non incio ligueiro. Seguindo co fútbol, os conxuntos ourensáns de Terceira moven ficha para a vindeira tempada. Ademais xa se coñecen as datas de todas as ligas provinciais.

En BTT, Iván Feijoo e Carlos Canal proclamáronse campións de Galicia. Sete integrantes do Club Ciclista Maceda son convocados coa selección galega para participar nos Nacionais escolares.

Rugbi, boxeo, balonmán, os campus de verán, e moito máis, no número 162 de Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha