Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: «Alberti, un mar de versos»

15 octubre, 2016 @ 7:00 pm - 7:50 pm

8€

Espectáculo realizado a partir do poemario de Rafael Alberti. «Alberti, un mar de versos» é un espectáculo impregnado de poesía no movemento, no xesto, nas emocións, nos ritmos e nas imaxes que o conforman. É unha proposta escénica que agrupa diferentes disciplinas para converter a asistencia ao teatro nunha experiencia pracenteira que se fixe na memoria e que relacione poesía e goce, pois é o noso desexo iniciar o itinerario poético do noso público e axudarlle a descubrir e crear un mundo propio desde o xogo, a reflexión e desde o legado de Rafael Alberti.

Os primeiros contactos coa arte son definitivos para favorecer o gusto por el, por iso coidamos os elementos plásticos de complementación ata lograr un espectáculo suxestivo, sorpresivo, melódico, lúdico e reflexivo. Un espectáculo para escoitar, ver e sentir. Música, danza, dramaturxia, vídeo creación, espazo escénico e vestiario ao servizo da poética de Rafael Alberti e dos nenos.

 

Detalles

Fecha:
15 octubre, 2016
Hora:
7:00 pm - 7:50 pm
Precio:
8€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local