A selección galega de fútbol sala vence a Madrid por 8-0 nunha segunda parte na que as pupilas de Manuel Castillo foron infinitamente superiores.

Con esta vitoria as galegas teñen un pe na fase final do Campionato de seleccións autonómicas que se celebrará no mes de marzo en Murcia. Madrid é a actual campioa do torneo no que Galicia é a subcampioa.
Na primeira metade un único tanto de Vanessa Sotelo fixo que as galegas fóranse ao descanso con vantaxe, nunha cancha central dos Remedios que estivo chea de afeccionados.
Esta primeira metade igualada no marcador foi un espellismo no segundo período. Claudia foi a encargada do primeiro gol na segunda metade o que supoñía o segundo da selección galega. A partir dese momento unha batería ofensiva das locais fixo que subiran ao electrónico cinco goles máis. Anita fixo o terceiro; Diana, o cuarto; Vanessa lograba o quinto (segundo da súa conta); María Arias facía o sexto e sétimo tanto da tarde e Anita pechaba a conta co seu segundo tanto e o oitavo de Galicia.

Seguintes xornada
Para este domingo, ás 12 horas, Madrid enfrontarase a Aragón na última opción de pasar á fase final. Deberá golear e esperar ao resultado do luns entre Galicia e Aragón (xogarán o luns ás 11 horas). De vencer, ou empatar, as mañas ás madrileñas, o duelo contra as galegas decidirá á vencedora do grupo.