Reparto de folletos sobre sanidade do BNG

Os nacionalistas repartiron folletos informativos na rúa do Paseo para recoller testimonios dos cidadáns sobre os seus problemas coa sanidade en Ourense.

A deputada Tereixa Paz denunciou que, unha semana despois de que o BNG criticara a «caótica» situación que se estaba a vivir no CHUO, a Xerencia do centro non tomara nengunha medida para paliar a situación. Tereixa Paz apuntaba que «a dilixencia que Eloína Núñez tivo para anunciar que levaría á Fiscalía ao BNG por afirmar que se falsificaban as listas de espera debería ter para pór os medios na procura de mellorar o funcionamento da sanidade pública».

Paz fixo estas declaracións durante unha xornada de reparto de folletos informativos na rúa do Paseo, na que os nacionalistas informaban do inicio na súa web dunha campaña de recollida de reclamacións «para facerlle chegar ao goberno galego todos os testimonios da cidadanía sobre o mal que funciona a sanidade pública en Ourense».

«Nestes días, as listas de espera aumentaron aínda máis pola suspensión de moitas intervencións cirúrxicas e esta afirmación non a ‘inventa’ o BNG, denunciano os profesionais da sanidade aos que a Xerencia debería perdirlles perdón polos recortes de persoal, recortes de salarios ou suspensión de vacacións. É de agradecer o seu esforzo sen o cal a situación aínda sería máis grave»,. explican os nacionalistas..