O Centro de Educación Ambiental do Rexo en colaboración coa Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz lanzan dous novos cursos que terán lugar no mes de febreiro.

 

Por unha banda está o moi demandado curso de poda que terá lugar o sábado 7. Cunha duración de oito horas, nel impartirase unha formación máis teórica: tipoloxía, cando realizar a poda, despuntes, arqueados… e outra parte máis practica, saíndo ao xardín a realizar diferentes exemplos.

O curso de enxerto terá lugar o sábado 28 de febreiro. A duración, tamén de 8 horas, permitirá afondar nas xeralidades do enxerto, os diferentes tipos, outros xeitos de propagación… Realizaranse prácticas tanto na aula, coma no exterior.

As inscricións deben realizarse no 988 436 182 ou en info@fundacionrgf.org.