Escultor Arturo Baltar

Consideran que a obra do escultor é un referente cultural e un emblema para a nosa cidade.

 

O BNG solicitou na Xunta de Área de Cultura o apoio de todos os grupos para que o Concello de Ourense inicie un expediente de honra ao escultor Arturo Baltar ao considerar que a súa figura merece un recoñecemento polo gran valor da súa obra, sobor de todo “O Belén de Baltar”, emprazado na Capela de San Cosme e San Damián, e cedido ao concello.

Arturo Baltar, un home comprometido coa cultura e con Ourense, contribúe a través da súa obra a enriquecer o patrimonio cultural da nosa cidade. O nacemento de Baltar -máis de 500 figuras- é un conxunto artístico de inmenso valor antropolóxico e etnográfico, un referente cultural e un emblema para a nosa cidade e tamén un atractivo turístico de recoñecemento internacional. Reflicte perfectamente a vida da nosa provincia a comenzos do século XX e o seu autor cedéuna para disfrute de todas e todas sen ningunha contraprestación.

Dende o BNG cren que é hora de que Arturo Baltar teña o recoñecemento que merece como artista ourensán.