Foi presentada en FITUR como un destino biosaludable en torno á auga mineromedicinal e termal, que tamén está conformado por un territorio de impresionante natureza, incomparable legado histórico e cultural, e de extraordinaria riqueza gastronómica.

 

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañou este 29 de xaneiro ao director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o vicepresidente da Câmara Municipal de Chaves, Carlos Penas, na presentación en FITUR de «Visit Chaves-Verín. Eurocidade da Auga» como o primeiro destino transfronteirizo da Península Ibérica.

Esta presentación en FITUR (Feira Internacional de Turismo de Madrid) tivo permitiu amosar a Chaves e Verín como un destino biosaludable en torno á auga mineromedicinal e termal, que tamén está conformado por un territorio de impresionante natureza, incomparable legado histórico, cultural, e de extraordinaria riqueza gastronómica.

“Hai xa uns anos, dende ao Concello de Verín e a Cámara Municipal de Chaves sentíamos a necesidade de buscar fórmulas de colaboración e de aproveitar a oportunidade que a apertura das fronteiras e o espazo comunitario nos brindaban”, subliñou Juan Manuel Jiménez Morán. Por este motivo, iniciouse unha política de colaboración e integración de competencias en ámbitos tan diversos como cultura, deporte, economía e tamén turismo, que se concreta nun destino único coa suma de activos dos dous territorios municipais (integrando tamén a localidade de Vidago, cunha longa traxectoria e prestixio no sector termal).

Durante a xornada de onte presentouse a última novidade posta en funcionamento no destino Chaves-Verín: “A Rede de Rutas», integrada pola Ruta Termal e da Auga, rutas BTT, Ecovía del Támega, Ruta do Contrabando e O Camiño de Santiago.

A toda esta oferta de novidades do destino Chaves-Verín, hai que sumarlle o proxecto ‘Chaves-Verín Smart Destination’, que pretende dar un xiro á forma tradicional de xestión dos recursos turísticos deste territorio, mediante una plataforma que permita a profesionais e empresarios do sector editar información e xerar eventos asociados. “Todo iso con dous fins: facer do turismo unha fonte de progreso e benestar para os nosos habitantes e ofrecer aos nosos visitantes un destino atractivo, cómodo e seguro que lles achegue novidade, repouso e benestar”, concluíu Jiménez Morán.