Esta actividade, destinada ao fomento da lectura entre os máis pequenos, terá lugar o venres 6 de febreiro entre as 18 e as 19.30 horas.

O venres 6 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos da ra Gustavo, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Esta iniciativa está destinada a un máximo de 20 nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos; e consistirá na realización de contacontos sobre este personaxe televisivo e como manualidade unha rá –os participantes deberán traer un tubo de papel hixiénico-. A actividade será coordinada por nenos voluntarios, de entre 11 e 16 anos, e persoal das propias instalacións.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no 988 41 47 76.