Dentro da programación do Entroido, o Concello organiza este 7 de febreiro unha xornada para compadres e comadres. O Xoves de Comadres e a comida dos felos serán outras citas entroideiras na localidade.

 

O Entroido 2015 botou a andar en Maceda o 7 de febreiro, co Sábado de Desmadre. Agora, tras o Xoves de Comadres, chega o día grande dos felos macedáns. 

Así, o sábado 14 de febreiro celebrarase a tradicional comida dos felos, ás 14 horas no edificio Multiusos de Maceda. Só poderán participar na mesma os adultos que se disfracen de felos e un tutor/a dos cativos menores de 13 anos que se disfracen de felo ese día. Ademais, é preciso inscribirse previamente e abonar o prezo do xantar, que será de 5 euros para os non socios (e deben realizar a inscrición nas oficinas do Concello) e de 3 para os membros da Asociación Felos da Corga da Serra (que poden inscribirse no Lar dos Felos en Tioira ou xunto á modista Pili Pardo en Maceda).