Xosé Mosquera

O candidato de Compromiso por Galicia anuncia un Plan de redistribución da carga fiscal municipal co obxectivo de diminuir a mesma sobre os veciños de Ourense, facendo especial fincapé nos mais desfavorecidos.

Do mesmo xeito, dito plan debe fomentar o emprego e o crecemento económico.

Unha vez analizadas as 34 Ordenanzas fiscais vixentes, Xosé Mosquera, propón traballar sobre tres eixos estratéxicos: o tecido empresarial, as familias e veciños, e a economía local.

Algunhas das medidas que se anuncian son, a reducción do 10% do IBI de xeito progresivo e plurianual, así como exoneración temporal do mesmo a familias en risco de exclusión social. A bonificación e exención dirixida a pequenas e medianas empresas que contraten traballadores indefinidos, incrementando as porcentaxes de bonificación para aquelas que fagan ditos contratos en personas entre 18 e 35, e de 55 a 65 anos.

Finalmente, outro paquete de medidas estaría orientadas a bonificación de empresas que traballen sectores estratéxicos de cidade, así Mosquera destaca a importancia de crear dinámicas positivas sobre sectores como o termalismo, a agroindustria, a restauración e o comercio de proximidade, a automoción e rehabilitación.

Xosé Mosquera dí que chegou a hora de afloxar o cinto sobre o tecido empresarial e veciñal ao que nos tiveron sometidos nos últimos 6 anos, xa que afogando aos cidadáns non existirá cremento económico.