Socialistas de Maceda

A Agrupación Municipal Socialista de Maceda celebrou unha asemblea extraordinaria na que a proposta de candidatura para as Municipais da Executiva Local foi ratificada por unanimidade polos militantes así como simpatizantes asistentes.

Encabeza a lista a actual concelleira Ana María Rodríguez Blanco, nunha lista que alterna mulleres e homes, e na que se incorporan dous membros de Xuventudes Socialistas e 4 mulleres.

“Trátase de unha candidatura renovada nun 50%, representante da unión interxeracional da Agrupación. Homes e mulleres con formación e ilusión O traballo inmediato, recoller de veciños e veciñas as súas propostas. O obxectivo, a confianza para mellorar o benestar e progreso da maioría da veciñanza de Maceda. Confianza que baseamos no rexeitamento do uso do Concello para promoción persoal, de interese privada, e na defensa da transparencia e desenvolvemento dos servizos sociais e de dinamización económica», declara a candidata, Ana María Rodríguez.