Xosé Manuel Fírvida

A Asemblea Local do BNG de Barbadás decidíu presentar ao actual voceiro municipal, Xosé Manoel Fírvida, como candidato á alcaldía do Concello de Barbadás, decisión referendada o sábado polo Consello Nacional.

Xosé Manoel Fírvida vén desempeñando a función de portavoz municipal do BNG nos últimos oitos anos, nos que estivo acompañado no grupo municipal do BNG de Barbadás pola concelleira Ánxela González e o concelleiro Serafín Núñez, que repitirán con el nos primeiros postos da candidatura que o BNG presentará ás vindeiras municipais de maio de 2015.

A experiencia na política municipal, o coñecemento dos problemas do concello, e a necesidade dun cambio de goberno foron os motivos valorados pola Asemblea Local para dar continuidade ao actual grupo municipal do BNG de Barbadás.

Para Xosé Manoel Fírvida chegou a hora de que o Concello de Barbadás deixe de ser noticia por presunta corrupción política e escándalos urbanísticos e se centre nos problemas reais dos cidadáns: desemprego, acceso aos servizos públicos, infraestruturas como instituto e centro de saúde ou garderías públicas.