Susana Gómez

A número 2 de DO abandona a política por estar en desacordo co rumbo tomado pola formación.

Susana Gómez, concelleira de Democracia Ourensana, presentou este martes a súa renuncia como edil da corporación ourensá. Gómez Valencia deixa a política por non compartir o novo rumbo tomado pola formación que lidera Gonzalo Pérez Jácome. Nos últimos tempos trascenderan as diverxencias entre ambos os dous políticos.

A edil independente anuncia que regresa á súa actividade profesional como docente na Escola Municipal de Música.
Gonzalo Pérez Jácome facía público o seu propio comunicado no que afirmaba que a decisión de Susana Gómez lle producía “una enorme tristeza personal, ya que mi valoración de ella como amiga, política y trabajadora, es de 10 sobre 10”.

O líder de Democracia Ourensana considera que o feito de regresar ao seu posto de traballo “la honra y la diferencia de tantos otros políticos que sólo buscan perpetuarse en el cargo público”. Engade Jácome o seu desexo da “mejor de las suertes” para Gómez Valencia e agarda que no futuro “nuestros caminos vuelvan a converger”.