Será o venres 27 de febreiro, de 18 a 19.30 horas.

 

‘O AbeZOOdario’ é unha iniciativa enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da Biblioteca de Verín.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias de animais e como manualidade unha bolboreta de goma eva -os participantes deberán traer unha goma eva, de tamaño A-4, en color rechamante-. A actividade será coordinada por nenos voluntarios, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988 41 36 24.