Reunión do PP cos presidentes dos distritos

O candidato á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, así como o presidente local, Rosendo Fernández, mantiveron unha reunión cos presidentes dos nove distritos da cidade.

 

No encontro fixouse a importancia de acadar sinerxias coas restantes administracións, e sobre todo coa Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, para acadar melloras nos barrios e no perímetro rural.

Na reunión participaron os presidentes dos nove distritos en que o PP divide a cidade: Casco Histórico (Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa), Centro (Miguel Abad), San Francisco-Barrocás-Santa Mariña (Belén Iglesias), San Francisco-A Rabaza-Ceboliño (Amelia Belmonte), O Couto-Centro (Aurelio Gómez Villar), O Couto-Rural (Mónica Mourelo), Mariñamansa (Jorge Pumar), A Ponte-Centro (José Araújo), e A Ponte-Rural (María Antonia Rilo).

O obxecto desta reunión foi a posta en común de accións preparatorias da campaña electoral de cara ao 24 de maio, así como os contactos para a elaboración do programa electoral para a cidade.

Todos os presidentes de distrito, responsables ademáis da mobilización electoral no organigrama do Comité de Campaña na cidade, recalcaron a importancia de crear sinerxias e mecanismos de cooperación coas administracións, especialmente coa Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, co fin de mellorar o servizos nos barrios e no perímetro rural e abaratar os custos nestas melloras. «Os barrios son unha prioridade para o noso proxecto de goberno municipal, e todas as reivindicacións que nos trasladen os veciños serán tidas en conta no programa electoral da cidade, que está en fase de elaboración. Sabemos que hai unha débeda histórica cos barrios e queremos saldala», recalcou o candidato, Jesús Vázquez.