Presentaranse a aprobación inicial do Pleno o vindeiro venres 6 de marzo.

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente en sesión celebrada este venres os proxectos de regulamentos de uso dos centros cívicos e do centro de día para persoas maiores do Concello de Ourense. Ambos regulamentos, elaborados pola Concellería de Benestar Social, serán incluidos na orde do día do pleno ordinario do Concello do vindeiro venres, 6 de marzo, para a súa aprobación inicial.

Os ditames foron aprobados cos votos favorables dos grupos municipais de PSdeG-PSOE e BNG, e abstención de PP e DO.

Se son aprobados inicialmente no pleno, os regulamentos sairán a exposición pública abríndose un prazo para presentación de alegacións antes da súa aprobación definitiva.