A mostra estivo exposta no Museo Municipal durante todo o ano pasado.

A obra, iniciativa do artista Xosé Lois Carreira, xunto coa colaboración literaria de Iñaki Aranzábal, consistía en esculturas e cadros que cada mes abordaban unha temática.

O éxito desta iniciativa ven confirmado pola cifra de visitantes, un total de 23.935 persoas que pasaron polo Museo. A finalidade de Vidas Entrecruzadas é recaudar fondos para Médicos Sen Fronteiras, xunto coa da divulgación de relatos, de momentos transcendentais da humanidade con temas controvertidos, sempre cun tratamento e desenvolvemento do conflito que procura enriquecer e fomentar o pensamento crítico.

O Museo Municipal de Ourense foi a primeira parada deste proxecto Vidas Entrecruzadas, que visitará outras cidades coma Eibar.