O grupo nacionalista xa dera a coñecer que o seu cabeza de lista sería Diego Lourenzo. Agora fixo público cinco nomes  que o acompañarán.

 

O BNG de Verín, ven de escoller o primeiro tramo da candidatura ás vindeiras eleccións municipais de 2015, a cal estará encabezada polo concelleiro Diego Lourenzo Moura.

Xunto a Lourenzo, o BNG acaba de ratificar a cinco compañeiros que o acompañarán. No segundo posto da lista estará Puri Caldelas, enxeñeira de 40 anos vinculada ao mundo vitivinícola. Traballa actualmente para a Federación Rural Galega (Fruga).

A terceira da lista será Emilia Somoza, de 57 anos. Traballa na Axencia Tributaria de Verín. Activa nos movementos culturais, forma parte do Grupo de Teatro «La Caja de Pandora»

O seguinte será Anibal Blanco, de 50 anos e vinculado ao mundo do viño. Ten unha adega de recoñecido prestixio na comarca.

O quinto será Abelardo Meiriño, enxeñeiro que na actualidade rexenta unha explotación avícola.

E a sexta da lista dada a coñecer ata o momento será Samanta Barreira, de 26 anos, que compaxiña os seus estudos de dereito coa xestión de unha explotación agraria ecolóxica.

“Tratase de un equipo renovado, conformado por varias persoas independentes que non militan no BNG (Somoza, Blanco e Barreira) e que representan a distintos sectores sociais da comarca de solvencia e competencia máis que demostrada”, explican os nacionalistas.

Este equipo ponse a disposición dos veciños de Verín para que lle transmitan as súas necesidades, iniciativas e inquedanzas, “apostando firmemente por unha xestión municipal par as maiorías sociais e loitando para transformar o concello de Verín nun referente da comarca en tódolos aspectos”, conclúen.