As obras xa están avanzadas polo que o Concello de Allariz procede á licitación da subministración de maquinaria para os ximnsasios das instalacións deportivas de Vilanova.

A licitación contempla a adxudicación de dous lotes correspondentes á maquinaria da nova sala cardiovascular e a sala de musculación.

A sala cardiovascular contará con cintas de correr, stepper (simulador de escaleiras), elíptica, bicicleta reclinada, vertical, de man para adestramento de tren superior o de spinning e adaptables para as cadeiras de rodas. Tamén se licita o equipamento da sala de muscualción que disporá de todos os aparatos precisos para ofrecer un bo servizo. As dúas salas serán completadas por unha nova sala de aeróbic e actividades dirixidas con cabida para máis alumnos e alumnas.

O importe dos contratos, que se licitan por procedemento negociado, ascende a 53.000 euros (30.000 para a sala de cardio e 20.000 para a de musculación).

Estes importes xunto coas obras, que ascenden a 120.000 euros, permitirán mellorar considerablemente as dotacións da piscina municipal e polo tanto do servizo ofrecido aos veciños e veciñas de Allariz. Segundo explicaba o alcalde, Francisco García, “estas melloras non implicarán aumento nas tarifas”.