Celebrarase os días 10, 17 e 24 marzo e 7 e 14 de abril, na tenda de comercio xusto de Ourense de Solidariedade Internacional; e ten un custo de 20 euros.

 

A tenda de comercio xusto Ourense de Solidariedade Internacional (rúa Bailén, 4) acollerá nos meses de marzo e abril a segunda edición do “Curso de costura doméstica de supervivencia”.

Os asistentes aprenderá a “subirlle a un pantalón ou saia, cambiar unha cremalleira estropeada, facerlle un digno remendo aos vaqueiros, coser un botón e que non se distinga o cosido a 175 metros de distancia ou que o botón caiga ós 10 minutos.e todo isto con varios tipos de puntadas. Estreitar as prendas, modificalas, etc.”, explican dende a organización. Para iso os participantes deben levar, se poden e teñen, agulla, fío, dedal, tesoiras e algunhas prendas coas que queiran practicar.

Este curso terá lugar os martes 10, 17 e 24 de marzo e 7e14 de abril de 17 a 19 horas. E ten un custo total de 20 euros.
Os interesados en inscribirse poden facelo no enderezo electrónico tenda.ourense@solidaridadgalicia.org.