Xantar 2015 día 2

O presidente da Deputación Provincial de Ourense, a directora xeral de Traballo e Economía Social e o Secretario de Estado de Alimentación de Portugal, presidiron os actos da segunda xornada de Xantar.

 

Xantar consolídase como espazo que exerce de punto de encontro entre os produtos do sector agroalimentario galego, moitos deles foito do cooperativismo, e o consumidor final. Esta foi a idea sobre a que xirou o acto central da segunda xornada de Xantar 2015, adicada ao Cooperativismo, ás confrarías, a Turismo Porto e Norte e ó Concello de Parada de Sil.

Estes actos estiveron presididos polo presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, quen estivo acompañado pola directora xeral de Traballo e Economía social, Carmen Bouso; o secretario de Estado de Alimentación de Portugal, Nuno Vieira, e o presidente da entidade de Turismo Porto e Norte, entre outras autoridades. «A Deputación de Ourense aposta por potenciar iniciativas que poñan en valor a nosa riqueza culinaria e gastronómica, o que unido ao termalismo e ao patrimonio cultural, natural e monumental, fai que teñamos inmellorables razóns para ofrecer calidade e singularidade a quen visita a nosa provincia», afirma Manuel Baltar.

Pola súa parte, a directora xeral de Traballo e Economía Social indicou que “o cooperativismo permite afrontar con maiores garantías certas dificultades propias de calquera proxecto empresarial e é a mellor fórmula que soportou o envite da crise sendo, ademais, un sistema moi atractivo para os emprendedores”. De feito o Consello Galego de Cooperativas participa un ano máis en Xantar amparando a presenza de nove cooperativas adicadas a sectores como os lácteos, o viño ou os peixes e mariscos.

Este xoves tamén se celebrou o XI Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas que reuniu en Expourense a representantes de máis de 50 formacións de España, Portugal, Francia e Ecuador e que se converteu no segundo encontro mundial con maior número de participantes. Esta xornada comezou cunha recepción no Concello por parte do alcalde de Ourense e continuou con diversos actos no recinto feiral que incluíron novas investiduras como foi o caso da Confraría luso-galaica que celebrou un capítulo especial. Destaca a homenaxe realizada pola Cofraría del Oriciu de Gijón a Expourense pola labor realizada en Xantar.

Actividades
Día intenso en Xantar coa celebración de máis de 30 actividades. O Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde comezou coa ponencia sobre nutrición, seguridade alimentaria e prevención da obesidade infantil impartida por tres representantes da Consellería de Sanidade.

No referente aos showcookings impartidos, destacou o que versou sobre a gastronomía sostible con produtos do proxecto “ComeOurense” maridados con viños da D.O. Monterrei, e o realizado con produtos co selo “PescadeRías” maridados con viños da D.O. Rías Baixas. 

O día dedicado ao concello de Parada de Sil incluíu a presentación do libro “Crónicas de un maestrob rural, de Boston a la Ribeira Sacra” de Antonio Carreño, a presentación do video sobre a Ribeira Sacra realizada polo blogueiro Diego Pons de “Viajando con Diego” e unha degustacoión de produtos autóctonos da Ribeira Sacra.

Un enontro de bloggers de gastronomía e a entrega dos Platos de Oro de Radio Turismo aos restaurantes Asador’s Jose de Riós, Porta de Santiago de Lugo e Restaurante Azores-grill de Punta Delgada, e ás casas rurais Vilamor do Saviñao e Vila Centellas de Coles, completaron a programación.

 

.