Celebración aniversario centenaria residencia maiores Carballiño

Dolores Paradela Valiñas, natural de Boborás, cumpliu este venres 100 anos.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, sumouse á homenaxe a Dolores Paradela Valiñas que cumpría 100 anos. Os actos foron organizados pola Residencia do Carballiño para Maiores con Autonomía -dependente da Consellería de Traballo e Benestar- onde Dolores Paradela leva ingresada 7 anos e incluíron unha comida cos seus familiares e unha actuación musical do grupo de gaitas do Centro Sociocomunitario de Ourense.

Rogelio Martínez acudiu a localidade do Carballiño para darlle os seus parabéns á centenaria e na visita estivo acompañado polo xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, e polo alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, municipio de onde é natural a anciá homenaxeada.