O sábado 7 de marzo o Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá este evento deportivo, que permitirá amosar aos participantes no mesmo as diferentes disciplinas aeróbicas dirixidas que se ofertan na instalación da capital de Monterrei.

 

Este iniciativa deportiva, de carácter gratuíto, terá lugar de 17 a 20 horas e está destinada a todos os públicos, desde nenos como persoas de máis idade. A mesma será impartida por monitores especializados nestas discipliñas, que amosarán en quendas de vinte minutos as actividades aeróbicas que se están realizar na Piscina Climatizada de Verín ao longo destes meses. Todos interesados poderán participar activamente en cada unha das sesións que se realizarán, a través das indicacións destes monitores, converténdose nunha clase guiada na que nenos e maiores poderán coñecer de primeira man actividades como zumba, aero-box, tonificación, pilates, aero-dance ou spinning, entre outras.

O primeiro Aerobithon ‘Piscina Climatizada de Verín’ constitúe unha nova iniciativa promovida desde o Concello de Verín co obxecto de continuar coas actuacións que no ámbito deportivo se están a desenvolver no municipio, todas elas destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular.

Para participar na mesma non é necesaria a inscrición previa, só se debe acudir a instalación deportiva municipal o propio 7 de marzo. Todos os participantes nesta iniciativa deportiva recibirán non só asesoramento e información sobre as disciplinas máis acordes as súas necesidades, senón tamén un pequeno agasallo.